N'oubliez pas (إلى جالية ترجم)

الإعلانات
إلى جالية ترجمجالية
A A

Non esquezades

Non me quedan máis que bágoas
Estas poucas notas do pasado
E o canto dos nosos rezos
Os nosos corazóns que desexan
E o baleiro baixo os meus pasos
 
Non me quedan máis que as cinzas
Do meu pobo afundido no silencio
Non son máis ca unha ferida
Un corazón sen armadura
Como sobrevivir despois disto?
 
Mais estou aquí, eu non esquezo
No meu pobo varrido pola historia
E vivo aquí, non o esquezades
Borrado dos mapas e das memorias
 
Recordo o rir dos nenos
A voz dos homes cando marchaban ao campo
As festas da colleita
O olor nas casas
As ráfagas de amor e felicidade
 
Mais estou aquí, non o esquezades
Borrado dos mapas e das memorias
 
Cando eles chegaron
Escondidos baixo as súas armas
Eran milleiros
Rían das nosas bágoas
 
Quixeron destruir
As nosas crenzas e as nosas almas
Con palabras de odio
Que non coñeciamos
 
Aquí estou esta noite
No medio destas ruinas
Para falarvos de esperanza
E cantarvos a vida
E xúrovos que
Cando corra o sangue
Reconstruirei o meu pobo
Mesmo máis bonito ca antes
 
Mais non o esquezades
 
تم نشره بواسطة Andrea FreireAndrea Freire في الأحد, 17/01/2016 - 13:10
الفرنسيةالفرنسية

N'oubliez pas

التعليقات