À fleur de toi (Galician translation)

Advertisements
Galician translation
A A

Case ao teu nivel

Os días pasan pero iso non conta;
Cústame tanto vivir
Bébedo, deste perfume tan diferente do teu, peor
Contei cada minuto que me retén a ela
Coma se eu fose o meu propio prisioneiro
Dentro de pouco fará un ano que ela me librou de ti
A miúdo, pregúntome onde estarei, sen ti
A miúdo, pregúntome que fas
Onde estás, quen es
Sae dos meus pensamentos !
Mudei de enderezo, de número, grazas
Tirei as túas cartas e os teus defectos, incluso se...
Intentei que parecese que atopara a forza
Gardo no máis profundo de min
Todo isto que me deixaches
 
Tento de esquecerte con outra
O tempo non parece borrar os teus erros
Inténtoo pero non acontece nada
Non podo, non quero, non o logro
Non a quero coma ti
Trato de afastarme con outra
Ela trata en van de compensar os teus erros
 
Ela semella tan perfecta pero non acontece nada
Non podo, non o logro
Non a quero coma ti
 
Ela, ela intentoume consolar
Incluso se non ten as túas palabras nin o teu pasado, é certo
Pero ela non ten o teu gusto para a festa
Para a noite, para os outros
Para todo isto que eu odio
Ela secou todas as miñas bágoas ti sabes
Apañou os teus platos rotos
E arranxou todo, os teus impagos
Os teus fraudes, as túas faltas
Todo o que me deixaches
Todo o que me deixaches
 
Ela quéreme coma unha louca
Coñéceme de memoria
Dime '' quérote '' ás veces durante horas
Pero non ole ao teu aroma
Por qué a respiro nos seus brazos?
Sae dos meus pensamentos
Sae dos meus pensamentos
 
Submitted by ChispaChispa on Tue, 19/03/2019 - 17:44
FrenchFrench

À fleur de toi

More translations of "À fleur de toi"
Galician Chispa
Slimane: Top 3
Idioms from "À fleur de toi"
See also
Comments