Luar na Lubre - Ao pasar pola Coruña

Publicidad
Gallego
A A

Ao pasar pola Coruña

Moza que estás na ventana
coa punta do pano fora
recolleo para dentro
c’o pano non enamora.
 
lala la laralaraleela
Lara la laa laralaraleela
Lara la laa laralaraleela
Lara la lara la la la
 
As rapazas da Coruña
Non é unha que son todas
Botan dous pares de medias
Pr’a facer as pernas gordas.
 
La la la…
 
Ao entrare na Coruña
O primeiro que se ve
Son as mozas na ventana
E as camas sen facer
 
La la la…
 
Da tua ventana á miña
Hai unha longa cadea
Toda chea de suspiros
Toda de suspiros chea
 
La la la…
 
Non teño nin pai nin nai
Que xa mos levou a morte
Agora eu quero saber
Onde me leva a sorte
 
La la la…
 
Aí vós vai a despedida
Aí vós vai a derradeira
Acabouse o chiculate
Rompeu a chiculateira
 
La la la…
 
Publicado por naineinainei el Mié, 22/07/2015 - 23:09
¡Gracias!

 

Publicidad
Vídeo
Las traducciónes de "Ao pasar pola Coruña"
Luar na Lubre: Top 3
Comentarios