Luar na Lubre - Romeiro ao lonxe

Publicidad
Gallego
A A

Romeiro ao lonxe

Romeiro hei de ir lonxe ao San Andrés
con herbiñas de namorar,
dareille a quen alén mar está
o aloumiño do meu amor.
 
Hei de vestir a camisa de liño
(que ela teceu para min)
con herbiñas de namorar;
(anda o lagarto azul e souril)
a acaroar mapoulas bermellas,
(nacidas de fusís,)
co aloumiño do meu amor,
(alleo á guerra e ao seu tambor.)
Morto ou vivo hei volver á terra
(que ela andou canda min)
con herbiñas de namorar;
(chouta o mascato polo cantil)
a vela-lo adro familiar,
(alá lonxe, na fin,)
co aloumiño do meu amor.
 
Cabo do mundo, ó pé dun aguillón
(dóeme a guerra ruín)
entre herbiñas de namorar;
(corvo mariño voa xentil)
o amilladoiro a levantar
(e pan santo a colorir)
co aloumiño do meu amor.
 
Romeiro hei de ir lonxe ao San Andres
con herbiñas de namorar,
dareille a quen alén mar está
o aloumiño do meu amor.
 
Publicado por ArenaL5ArenaL5 el Lun, 21/01/2013 - 13:01
Comentarios del uploader:

Read in Spanish, English

A música é a da canción tradicional Scarborough Fair. A letra é completamente diferente da orixinal.

Se está vostede interesado na lenda na que se basea esta canción, recoméndolle ler a páxina na que o grupo publicou esta letra.

¡Gracias!

 

Publicidad
Vídeo
Las traducciónes de "Romeiro ao lonxe"
Luar na Lubre: Top 3
Por favor, ayuda a traducir "Romeiro ao lonxe"
Comentarios