広告

Cantigas de Santa Maria - Cantiga No. 56 - Gran dereit' é de seer séu miragre mui fremoso

  • アーティスト: Cantigas de Santa Maria
  • 翻訳: ポルトガル語
ガリシア・ポルトガル語
A A

Cantiga No. 56 - Gran dereit' é de seer séu miragre mui fremoso

"Esta é como Santa María fez nacer as cinco rósas na boca do monge depós sa mórte, polos cinco salmos que dizía a onrra das cinco lêteras que á no séu nome."
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
Porên quéro retraer
un miragre que oí,
ond' averedes prazer
oíndo-o outrossí,
per que podedes saber
o gran ben, com' aprendí,
que a Virgen foi fazer
a un bon religïoso.
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
Este sabía leer
pouco, com' oí contar,
mas sabía ben querer
a Virgen que non á par;
e porên foi compõer
cinque salmos e juntar,
por en sa loor crecer,
de que éra desejoso.
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
Dos salmos foi escoller
cinque por esta razôn
e de sũu os põer
por cinque letras que son
en María, por prender
dela pois tal galardôn,
per que podésse veer
o séu Fillo pïadoso.
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
Quen catar e revolver
estes salmos, achará
“Magnificat” i jazer,
e “Ad Dóminum” i á,
e cabo del “In convertendo”
e “Ad te” está,
e pois “Retribúe servo
túo” muit' omildoso.
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
Pera ben de Déus aver,
ond' aquestes, sen falir,
salmos sempr' ía dizer
cada día, sen mentir,
ant' o altar e tender
se todo e repentir
do que fora merecer
quand' éra fól e astroso.
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
Est' uso foi mantẽer
mentre no mundo viveu;
mas pois, quand' ouv' a morrer,
na boca ll' apareceu
rosal, que viron tẽer
cinque rósas, e creceu
porque fora bẽeizer
a Madre do Poderoso.
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
Gran dereit' é de seer
séu miragre mui fremoso
da Virgen, de que nacer
quis por nós Déus grorïoso.
 
金, 11/05/2018 - 15:22にJosemarJosemarさんによって投稿されました。
ありがとう!

 

広告
ビデオ
コメント