• Amancio Prada

    Paseniño, Paseniño • Rosalia de Castro (1975)

Compartir
Tamaño de fuente
Original

Letra de Paseniño, Paseniño

Paseniño, paseniño
Vou pola tarde calada
De Bastabales camiño.
 
Paseniño, paseniño,
 
Camiño do meu contento;
I en tanto o sol non se esconde
Nunha pedriña me sento.
 
E sentada estou mirando
Como a lua vai saíndo,
Como o sol se vai deitando.
 
Cal se deita, cal se esconde
Mentras tanto corre a lua
Sin saberse para donde.
 
Para donde vai tan soia
Sin que aos tristes que a miramos
Nin nos fale nin nos oia.
 
Que si oira e nos falara,
Moitas cousas lle dixera,
Moitas cousas lle contara.
 
Paseniño, paseniño
Vou pola tarde calada
De Bastabales camiño.
 
Paseniño, paseniño,
 

 

Comentarios